Contribuíntes residentes nun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, opción no Imposto sobre o Patrimonio
Especialidade destes contribuíntes no referente á aplicación da normativa dunha Comunidade Autónoma
A partir do 11 de xullo de 2021, todos os contribuíntes non residentes terán dereito á aplicación da normativa propia aprobada pola Comunidade Autónoma onde radique o maior valor dos bens e dereitos de que sexan titulares e polos que se esixa o imposto, porque estean situados, poidan exercitarse ou teñan que cumprirse en territorio español.
Con anterioridade, e desde o 1 de xaneiro de 2015, os contribuíntes non residentes que sexan residentes nun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo terán dereito (é unha opción) á aplicación da normativa propia aprobada pola Comunidade Autónoma onde radique o maior valor dos bens e dereitos de que sexan titulares e polos que se esixa o imposto, porque estean situados, poidan exercitarse ou teñan que cumprirse en territorio español.
En caso de exercitar esa opción deben aplicar toda a normativa propia do imposto aprobado pola devandita Comunidade. As Comunidades Autónomas poden asumir competencias normativas sobre o mínimo exento, escala de gravame e deducións e bonificacións da cota, compatibles, estas dous últimas, coas establecidas na normativa estatal (pode consultar as Comunidades Autónomas que asumiron competencias normativas no Manual Práctico do Imposto sobre o Patrimonio correspondente a cada exercicio dispoñible na páxina web da Axencia Tributaria).
A opción reflíctese na declaración do Imposto sobre o Patrimonio.