Delimitación de competencias Estado/Comunidades Forais en réxime de Concerto e Convenio Económico (País Vasco e Navarra).
- Corresponderá a exacción do Imposto de Sucesións á Comunidade Foral de Navarra, nos casos previstos no artigo 31 da Lei 28/1990, do 26 de decembro, pola que se aproba o Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de Navarra.
- Corresponderá a exacción do Imposto de Sucesións ás correspondentes Deputacións Forais do País Vasco, nos casos previstos no artigo 25 da Lei 12/2002, do 23 de maio, pola que se aproba o Concerto Económico coa Comunidade Autónoma do País Vasco. A lei 10/2017, do 28 de decembro, pola que se modifica a Lei 12/2002, deu nova redacción ao citado artigo 25, para atribuír ás Deputacións Forais a exacción do imposto reportado nas adquisicións realizadas por contribuíntes residentes no estranxeiro cando a maior parte do valor conxunto dos bens e dereitos transmitidos corresponda aos situados no País Vasco, así como nas sucesións de causantes non residentes en territorio español cando o herdeiro resida no País Vasco e nas doazóns a residentes no País Vasco de inmobles situados no estranxeiro (entrada en vigor a partir do 30/12/2017).