Novo gravame temporal enerxético durante o ano 2025
Por Real Decreto-lei 10/2024, do 23 de decembro, créase un novo gravame temporal enerxético para 2025, que satisfarán determinadas empresas consideradas operadoras principais en sectores enerxéticos. Este gravame terá a natureza xurídica de prestación patrimonial de carácter público non tributario.
Os importes da prestación do gravame e, se é o caso, do pagamento anticipado da mesma, minoraranse no importe da dotación dunha reserva indispoñible para a realización de investimentos estratéxicos, nas condicións establecidas na norma.
A obriga de pagamento nacerá o día 1 de xaneiro de 2025 e deberase satisfacer nos primeiros 20 días naturais do mes de setembro de 2025; prévése un pagamento anticipado do 50 por cento da cantidade a satisfacer, que se descontaría da liquidación definitiva da devandita prestación e que se deberá ingresar durante os primeiros vinte días naturais do mes de xuño de 2025.
para el establecimiento de un gravamen temporal energético durante el año 2025.