Saltar ao contido principal

Modificación do Regulamento que regula os sistemas informáticos de facturación

No BOE do 2 de abril publícase e Real decreto 254/2025, do 1 de abril, polo que se modifica o Real decreto 1007/2023, do 5 de decembro, polo que se aproba o Regulamento que establece os requisitos que deben adoptar os sistemas e programas informáticos ou electrónicos que soporten os procesos de facturación de empresarios e profesionais, e a estandarización de formatos dos rexistros de facturación.

A principal modificación deste Real decreto consiste na ampliación ata o 1 de xaneiro de 2026, respecto da data inicialmente prevista de 1 xullo de 2025, do prazo para cumprir coas obrigas previstas no regulamento e na súa normativa de desenvolvemento, para os obrigados tributarios a que se refire o artigo 3.1.a) do mesmo (contribuíntes do Imposto sobre Sociedades). Pola súa banda, cando se trate do resto dos obrigados tributarios o prazo límite para a súa aplicación establécese no 1 de xullo de 2026 para facilitar a súa adaptación na medida que non están sometidos ás mesmas obrigas que os anteriores que puidesen determinan a non utilización habitual de sistemas informáticos.

Real Decreto 254/2025, de 1 de abril,

por el que se modifica el Real Decreto 1007/2023, de 5 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento que establece los requisitos que deben adoptar los sistemas y programas informáticos o electrónicos que soporten los procesos de facturación de empresarios y profesionales, y la estandarización de formatos de los registros de facturación.