Existe algunha redución ao valor ao que aplicar os tipos impositivos?
Detallámosche os casos en que pode verse reducido o valor que hai que declarar do medio de transporte, en función de circunstancias concretas como son os vehículos automóbiles acondicionados como vivenda, os cualificados como autocaravanas e os destinados ao uso de familias numerosas
-
No caso de que constitúas unha familia numerosa poderías obter unha redución dun 50 %, cando o vehículo automóbil obxecto de matriculación teña unha capacidade homologada non inferior a cinco prazas e non superior a nove, incluída en ambos os dous casos a do condutor, sempre que o destines ao uso exclusivo da túa familia, cualificada de numerosa conforme á normativa vixente cos seguintes requisitos:
-
A primeira matriculación definitiva do vehículo deberá ter lugar a nome do pai ou da nai das referidas familias, ou ben, a nome de ambos os dous conxuntamente.
-
Deberán transcorrer polo menos catro anos desde a matriculación doutro vehículo a nome de calquera das persoas citadas na letra a) anterior e ao abeiro desta redución. Non obstante, este requisito non se esixirá en supostos de sinistro total dos vehículos debidamente acreditados.
-
O vehículo automóbil matriculado ao abeiro desta redución non poderá ser obxecto dunha transmisión posterior por actos «inter vivo» durante o prazo dos catro anos seguintes á data da súa matriculación.
ADVERTENCIA: Este suposto require o recoñecemento previo da administración tributaria (Modelo 05), achegando a necesaria acreditación.
-
-
Vehículos acondicionados como vivenda. A Base Impoñible será obxecto dunha redución do 30 por cento do seu importe respecto dos seguintes vehículos:
-
Vehículos definidos como «autocaravanas» na versión vixente ao día 30 de xuño de 2007 do Anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.
-
Vehículos acondicionados para ser utilizados como vivenda, tanto vehículos mixtos adaptables como os comprendidos nas categorías N1, N2 e N3.
No caso de que resulten aplicables nun mesmo vehículo ambas as dúas reducións (Familia numerosa e vehículo destinado a vivenda), computarase o 20% da Base Impoñible
-