O certificado seleccionado para conectarse á SEDE da AEAT difire do certificado seleccionado para realizar a sinatura
Saltar índice da informaciónSe utilizas Safari ou Google Chrome no macintosh
Accede aos detalles do certificado desde o chaveiro de Mac: "Finder", "Aplicacións", "Utilidades", "Acceso a Chaveiros".
No apartado "Os meus certificados" de "Inicio de sesión", deberá estar instalado o certificado. Fai dobre clic sobre o nome do certificado e na nova xanela selecciona a pestana "Detalles". No apartado "Información da clave pública" localiza o grupo "Nome de directorio", "Outro nome".
Exemplo de certificado FNMT de persoa física.
A orde en que se mostran os datos é: NIF de persoa física, segundo apelido persoa física, primeiro apelido persoa física, nome persoa física.
Para certificados FNMT de persoa xurídica:
-
Certificado de representante para administradores únicos e solidarios. A orde en que se mostran os datos é: información sobre o rexistro mercantil, tipo de administrador, NIF da entidade, razón social da entidade, NIF persoa física asociada, segundo apelido persoa física, primeiro apelido persoa física, nome persoa física.
-
Certificado de representante de Persoa xurídica. A orde en que se mostran os datos é: información NIF da entidade, razón social da entidade, NIF persoa física asociada, segundo apelido persoa física, primeiro apelido persoa física, nome persoa física.
-
Certificado de representante de Entidade sen Personalidade Xurídica. A orde en que se mostran os datos é: RA, información NIF da entidade, razón social da entidade, NIF persoa física asociada, segundo apelido persoa física, primeiro apelido persoa física, nome persoa física.
Unha vez feito isto, haberá que consultar na nosa web como aparecen estes datos no censo da AEAT, accedendo ao apartado "Comprobación dun NIF de terceiros a efectos censuais", dentro dos trámites do "Modelo 030. Censo de obrigados tributarios-declaración censual de alta, cambios de domicilio e / ou de variación de datos persoais".
Se os datos do censo (NIF, apelidos e nome ou razón social) non coinciden cos datos do certificado electrónico, cumprirá obter un novo certificado.