O certificado seleccionado para conectarse á SEDE da AEAT difire do certificado seleccionado para realizar a sinatura
Saltar índice da informaciónSe utilizas Internet Explorer, Microsoft Edge ou Google Chrome co windows
Accede aos detalles do certificado. No google Chrome, fai clic en "Personaliza e controla Google Chrome" (icona de tres puntos verticais), "Configuración", "Mostrar configuración avanzada", "HTTPS/SSL", "Administrar certificados". Na Microsoft Edge, pulsa sobre (Configuración e máis Alt + F) a icona dos tres puntos horizontais (parte superior dereita), "Configuración", "Privacidade, busca e servizos", "Seguridade" e "Administrar certificados".
Na pestana "Persoal" deberá estar instalado o certificado co que se quere asinar. Fai dobre clic no nome do certificado e na nova xanela selecciona a pestana "Detalles". Marca "Todos" do apartado "Mostrar", selecciona o campo "Nome alternativo do titular "e comproba a información que aparece na xanela inferior, xa que debe ser igual que a censada na AEAT.
Exemplo de certificado FNMT de persoa física.
A orde en que se mostran os datos é: Nome da persoa física, primeiro apelido persoa física, segundo apelido persoa física e NIF de persoa física.
Para certificados FNMT de persoa xurídica:
-
Certificado de representante para administradores únicos e solidarios. A orde en que se mostran os datos é: Nome de persoa física asociada, primeiro apelido persoa física, segundo apelido persoa física, NIF de persoa física, Razón social, NIF entidade xurídica, tipo administrador, datos do rexistro mercantil
-
Certificado de representante de Persoa xurídica. A orde en que se mostran os datos é: Nome persoa física asociada, primeiro apelido persoa física, segundo apelido persoa física, NIF de persoa física, Razón social, NIF entidade xurídica.
-
Certificados de representante de Entidade sen Personalidade Xurídica. A orde en que se mostran os datos é: Nome persoa física asociada, primeiro apelido persoa física, segundo apelido persoa física, NIF de persoa física, Razón social, NIF entidade xurídica.
Unha vez feito isto, haberá que consultar na nosa web como aparecen estes datos no censo da AEAT, accedendo ao apartado "Comprobación dun NIF de terceiros a efectos censuais", dentro dos trámites do "Modelo 030. Censo de obrigados tributarios-declaración censual de alta, cambios de domicilio e / ou de variación de datos persoais".
Se os datos do censo (NIF, apelidos e nome ou razón social) non coinciden cos datos do certificado electrónico, cumprirá obter un novo certificado.