Solicitude dun certificado tributario xenérico
Saltar índice da informaciónConsulta do estado de tramitación da solicitude e descarga da certificación
Para comprobar o estado da tramitación da solicitude entra nos "meus expedientes" e selecciona a pestana "En tramitación". Dentro da agrupación "Certificada", accede ao expediente.
O expediente aparecerá co número de referencia indicada no resgardo, máis o prefixo TCT.
Cando a tramitación finalice, incluirase no detalle da mesma unha ligazón á resposta, dentro dun apartado "Asociados" do teu expediente.
Unha vez finalizada a tramitación, a resposta á solicitude estará dispoñible nos "meus expedientes" na pestana "Todos", "Certificados".
Se se actúa en representación dun terceiro e accédese ao apartado "Os meus expedientes", para comprobar o estado de tramitación da certificación ou para acceder á resposta da solicitude, hai que asegurarse de figurar como apoderado do mesmo no trámite específico de consulta de datos persoais.