Solicitude dun certificado tributario xenérico
Saltar índice da informaciónPaso 1 "Encher a solicitude"
No primeiro paso, "1. Encher a solicitude" cobre o formulario. Ten en conta que os campos marcados con asteriscos son de formalización obrigatoria.
No caso de actuar en representación de terceiros, cobre o campo "NIF /NIE" e, se se trata dunha persoa física indica tamén os apelidos e nome (por esta orde).
A continuación indica un número de teléfono de contacto (é un dato obrigatorio) e podes engadir tamén un correo electrónico.
No apartado "Asunto" redacta brevemente o motivo da solicitude. Trátase dun texto libre sen formato establecido; non obstante, o formulario inclúe un editor de texto con algunhas funcionalidades. A continuación, pulsa "Validar solicitude".