Como modificar datos ou renunciar ao servizo Cl@ve
Saltar índice da informaciónXestionar o meu dispositivo activo coa APP Cl@ve
O servizo "Xestionar o meu dispositivo activo coa aplicación móbil Cl@ve" permite visualizar e desactivar o dispositivo móbil en que está activada a APP Cl@ve co teu DNI /NIE.
Nota: Tamén se pode desactivar o dispositivo desde o apartado "Xestións" da APP Cl@ve.
O acceso está habilitado tanto con Cl@ve como con certificado ou DNI electrónico.
Tras a identificación, a páxina mostra a marca e o modelo do dispositivo móbil activo na APP Cl@ve para o usuario que se identificou.
Neste dispositivo recibirás os códigos de verificación e o PIN que solicites ao acceder a trámites electrónicos. Se é correcto, pulsa "PECHAR". Se non desexas ter activado este dispositivo, pulsa "DESACTIVAR DISPOSITIVO" e confirmao no aviso posterior.
O dispositivo queda desactivado para a APP Cl@ve.
Nota: o usuario continúa rexistrado no sistema Cl@ve e pode seguir identificandose con Cl@ve en trámites electrónicos. En caso de non ter ningún dispositivo activo coa APP Cl@ve, os códigos de verificacion ou o PIN solicitado ao acceder a algún trámite recibiranse por SMS.
A activación realízase desde a APP Cl@ve no propio dispositivo móbil que se desexa activar.