Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Entidades estranxeiras

(Art. 6 do Real decreto Legislativo5/2004, do 5 de marzo que aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a renda de non residentes)

  • Documento que acredite a existencia da entidade. Este documento pode ser a escritura de constitución no seu país e os estatutos da Entidade inscrita nalgún rexistro oficial do seu país ou certificación dun notario ou dunha autoridade fiscal que acredite a existencia da sociedade.
  • Fotocopia do documento que acredite a identidade da persoa que firme a declaración censual, que terá que ser un representante da entidade. Se é o propio interesado o que comparece ante a Administración Tributaria, non será precisa a achega de fotocopia do NIF, sempre que autorice aos órganos da AEAT a efectuar a verificación dos seus datos de identidade.
  • Orixinal e fotocopia do documento que acredite que a persoa que firme a declaración censual ten a condición de representante.