Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Comunidade de regadores (G)

(Real decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas)

Son comunidades de usuarios da auga do dominio público hidráulico en que o destino dado ás augas é principalmente á rega. Trátase de Corporacións de Dereito Público de base predominantemente asociativa.

  • Fotocopia dos estatutos ou ordenanzas da Comunidade de Regadores, aprobados polos propios usuarios.
  • Aprobación administrativa pola Confederación Hidrográfica correspondente.

    As Confederacións Hidrográficas son Organismos autónomos adscritos ao Ministerio de Medio Natural, que deben constituírse nas bacías hidrográficas que excedan o ámbito territorial dunha Comunidade Autónoma. Non obstante, debe terse en conta que algunhas Comunidades Autónomas, en virtude do seu Estatuto de Autonomía, poden exercer esta competencia sobre o dominio público hidráulico en bacías hidrográficas comprendidas integramente dentro do seu territorio.

    • Fotocopia do NIF da persoa que firme a declaración censual, que ten que ser un cargo con capacidade ou un representante. Se é o propio interesado o que comparece ante a Administración Tributaria, non será precisa a achega de fotocopia do NIF, sempre que autorice aos órganos da AEAT a efectuar a verificación dos seus datos de identidade.
    • Orixinal e fotocopia do documento que acredite a condición da persoa que firme a declaración censual.