Embaixadas, Consulados e Oficinas Económicas e Comerciais de España en países estranxeiros (S)
Trátase de supostos dos previstos nos apartados 3 e 4 do artigo 22 do RGAT, así que a documentación que hai que achegar será:
- Fotocopia da autorización do director do Departamento de Xestión Tributaria para a asignación dun Número de Identificación Fiscal propio. Esta autorización deberán solicitara para Embaixadas e Consulados o Ministerio de Asuntos Exteriores e para Oficinas Económicas e Comerciais o Ministerio Economía e Competitividade, para o cal anexarán unha fotocopia da norma pola que se crean estas Representacións de España no Exterior, indicando as razóns que motivan a petición.
- Fotocopia do NIF da persoa que firme a declaración censual, que ten que ser un cargo con capacidade ou un representante. Se é o propio interesado o que comparece ante a Administración Tributaria, non será precisa a achega de fotocopia do NIF, sempre que autorice aos órganos da AEAT a efectuar a verificación dos seus datos de identidade.
- Orixinal e fotocopia do documento que acredite a condición da persoa que firme a declaración censual.