Entidade pública empresarial (Q)
(Título II, capítulo III, sección terceira da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público)
- Fotocopia da norma ou acordo pola que se crea a Entidade, onde deberá constar expresamente que conta con personalidade xurídica propia.
- Fotocopia do NIF da persoa que firme a declaración censual, que ten que ser un cargo con capacidade ou un representante. Se é o propio interesado o que comparece ante a Administración Tributaria, non será precisa a achega de fotocopia do NIF, sempre que autorice aos órganos da AEAT a efectuar a verificación dos seus datos de identidade.
- Orixinal e fotocopia do documento que acredite a condición da persoa que firme a declaración censual.
De acordo co que se dispón no artigo 103.3 da Lei 40/2015, con independencia de cal sexa a súa denominación, cando un organismo público teña natureza xurídica de entidade pública empresarial deberá figurar na súa denominación a indicación de «entidade pública empresarial» ou a súa abreviatura «EPE».
A Lei 40/2015 establece a obrigatoriedade de inscribir a creación, transformación ou extinción de calquera entidade integrante do sector público institucional no novo Inventario de Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local. Esta inscrición será requisito necesario para obter o número de identificación fiscal definitivo da Axencia Estatal de Administración Tributaria.