Xunta Veciñal (P)
(Lei 7/1985 do 2 de abril de Bases do Réxime Local e a lei propia de cada Comunidade Autónoma se é o caso)
As Xuntas Veciñais son órganos de goberno dos entes de ámbito territorial inferior ao Municipio. Estas entidades segundo o art. 24 bis, da Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local, engadido pola Lei de Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, Lei 27/2013, do 27 de decembro, carecen de personalidade xurídica, polo que se trata dun dos supostos previstos nos apartados 3 e 4 do artigo 22 do RGAT, en que é necesaria a estimación previa da solicitude do NIF por parte do director do Departamento de Xestión Tributaria.
- Fotocopia da autorización do director do Departamento de Xestión Tributaria para a asignación dun Número de Identificación Fiscal propio. Para solicitar esta autorización deberase achegar a disposición publicada no Boletín Oficial correspondente ou certificado do Concello en que se integre ou da respectiva Consellaría de Administracións Públicas que acredite a súa existencia.
- Fotocopia do NIF da persoa que firme a declaración censual, que ten que ser un cargo con capacidade ou un representante. Se é o propio interesado o que comparece ante a Administración Tributaria, non será precisa a achega de fotocopia do NIF, sempre que autorice aos órganos da AEAT a efectuar a verificación dos seus datos de identidade.
- Orixinal e fotocopia do documento que acredite a condición da persoa que firme a declaración censual.