Recadro 120. NIF definitivo [Modelo 036]
Este recadro marcarase cando o titular da declaración, persoa xurídica ou entidade, termine de achegar a documentación necesaria para a obtención do NIF. Será o recadro que marquen todas aquelas entidades que obtendo un NIF provisional, achegan posteriormente o citado xustificante, xeralmente porque ao solicitaro non puideron achegar o xustificante da inscrición nun rexistro público.
O esquema dun posible itinerario das declaracións censuais, neste caso, é o seguinte:
- Xa presentada: Declaración de alta de persoas xurídicas, recadro 110 de solicitude de NIF
- A presentar: Declaración de modificación, recadro 120 de solicitude de NIF definitivo
- A cubrir: Páxinas 1 a 8 e 10, sos datos novos ou distintos dos xa comunicados
Para solicitar o número de identificación fiscal definitivo (recadro 120) deberase presentar a declaración censual de modificación, en que se farán constar, se é o caso, todas as modificacións que se producisen respecto dos datos consignados na declaración presentada para solicitar o número de identificación fiscal provisional (recadro 110), que aínda non fosen comunicados á Administración en anteriores declaracións censuais de modificación, e á que se acompañará a documentación pendente. Cumprida esta obriga, asignarase o número de identificación fiscal definitivo.
A Axencia Estatal de Administración Tributaria poderá subscribir convenios cos organismos, institucións ou persoas que interveñen no proceso de creación de entidades para facilitar a comunicación do número de identificación fiscal, provisional ou definitivo, asignado. Cando en virtude dun convenio, a AEAT teña coñecemento por medio de organismos, institucións ou persoas da información necesaria para asignar a unha entidade o NIF, poderá exonerar á entidade de presentar unha declaración censual para solicitar a asignación do devandito número, sen prexuízo da obriga que incumbe á entidade de comunicar as modificacións que se producisen respecto da información que fixese constar nas declaracións censuais presentadas con anterioridade.
O 7 de novembro de 2005 entrou en vigor o “Convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Consello Xeral do Notariado para a presentación telemática da declaración censual de alta, modelo 036, en representación de terceiros e a asignación do NIF provisional e definitivo no proceso de creación de entidades ante Notario”.
Pola súa banda, o 22 de xullo de 2008 asinouse o Convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España para a solicitude telemática en representación de terceiros, da asignación do NIF provisional e definitivo no proceso de creación de entidades inscribibles, a transmisión de información rexistral de carácter censual, a mellora das comunicacións telemáticas e o acceso a través de Internet á información dos rexistros da propiedade.
Con data 15 de outubro de 2013 subscribiuse un Acordo de Encomenda de Xestión da Axencia Estatal de Administración Tributaria ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación , para a solicitude e asignación telemática do Número de Identificación Fiscal dos tipos «L», «M» e «N» nas Oficinas Consulares de España no estranxeiro, e de colaboración entre ambos os dous organismos (Resolución do 29 de outubro de 2013, BOE do 9 de novembro) da Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, pola que se publica o citado Acordo)