Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Recadro 124. Domicilio de notificacións [Modelo 036]

Modelo 036: Recadro 124. Modificación domicilio para os efectos de notificacións (páxinas 2A, 2B e 2C)

O artigo 110 da LGT (lugar de práctica das notificacións) dispón o seguinte:

  1. Nos procedementos iniciados a solicitude do interesado , a notificación practicarase no lugar sinalado para tal fin polo obrigado tributario ou o seu representante ou, no seu defecto, no domicilio fiscal dun ou outro.
  2. Nos procedementos iniciados de oficio , a notificación poderá practicarse no domicilio fiscal do obrigado tributario ou o seu representante, no centro de traballo, no lugar onde se desenvolva a actividade económica ou en calquera outro axeitado para tal fin.

En consecuencia, o contribuínte, para os procedementos tributarios, pode sinalar un domicilio de notificacións distinto do domicilio fiscal. Se este domicilio de notificacións se modifica, marcarase este recadro 124.