Recadro 138. Réximes especiais comercio intracomunitario [Modelo 036]
Vendas a distancia intracomunitaria de bens e prestacións de servizos de telecomunicación, radiodifusión, televisión e vía electrónica
- Os prestados a particulares desde outros Estados membros a que fai referencia o recadro 138 son os dos artigos 68.Tres a), 68.Cinco e 70.Un.4ºa) da LIVE. Véxase o apartado “Réximes especiais comercio intracomunitario” desta guía.
- Os prestados a particulares doutros Estados membros a que fai referencia o recadro 138 son os dos artigos 68.Tres b), 68.Catro e 70.Un.8º da LIVE. Véxase o apartado Réximes especiais comercio intracomunitario desta guía.
Este recadro encherase cando se sobrepase ou non se chegue ao límite de 10.000 euros a particulares desde ou doutros países da Unión Europea, que fai que se deba tributar neles ou non por esas operacións. Así mesmo, marcarase para poder consignar a opción por tributación en destino na páxina 7, apartado 11 A) do modelo 036.
Artigo 14 Lei do IVE
O artigo 14 Lei do IVE (véxase o apartado “Réxime particular das persoas en réxime especial PRES desta guía) establece como norma xeral que non están suxeitas ao IVE (non tributan en España, polo tanto tributan en orixe) as adquisicións intracomunitarias de bens (AIB) que realicen:
- suxeitos pasivos acollidos ao Réxime Especial da Agricultura, Gandaría e Pesca (REAGP) de bens destinados ao desenvolvemento da actividade sometida ao devandito réxime.
- suxeitos pasivos que realicen exclusivamente operacións que non orixinan o dereito á dedución total ou parcial do Imposto (por exemplo, un médico)
- persoas xurídicas que non actuen como empresarios ou profesionais (por exemplo, un Concello)
Este recadro 138 marcarase:
- para poder consignar a opción por tributación en destino no recadro 910 da páxina 7, apartado 11 B) do modelo 036. Ou para marcar o recadro 911 de non suxeición.
para poder marcar o recadro 912 cando se sobrepase ou o recadro 913 cando non se chegue ao límite de adquisicións noutros países da Unión Europea, que fai que se deba tributar en España ou non por estas operacións, respectivamente.