Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Recadro 145. Modificación datos relativos a titulares reais [Modelo 036]

A páxina 10 do modelo haberase cumprimentado inicialmente ao presentar unha declaración de alta, con solicitude de NIF por calquera tipo de entidade. 

O recadro 145 marcarase polas entidades incluídas no censo de empresarios, cando se produzan variacións relativas á Titularidade real, persoa física, conforme á Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención de branqueo de capitais e do financiamento.

Ao marcar o recadro 145, non sendo que se marcase o recadro "Entidade sen obriga de identificar o titular real conforme ao apartado 2 do artigo 4 da Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo ", deberanse incluír na páxina 10 os seguintes datos:

  • Recadro 1000 (Alta), 1001 (Baixa) ou 1002 (Modificación)
  • Datos Identificativos
  • Data