Entidade en Atribución de Rendas constituídas en España (recadros 70 a 73)
A Lei 58/2003 Xeral Tributaria dispón no seu artigo 35.4 que terán a consideración de obrigados tributarios, nas leis en que así se estableza, as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición.
Con actividade económica (recadro 70)
No caso de entidades en réxime de atribución de rendas que desenvolvan unha actividade económica en territorio español, marcarase o recadro 70 “Entidade en atribución de rendas constituídas en España con actividade económica”.
Os membros non residentes en territorio español serán contribuíntes polo Imposto sobre a Renda de non Residentes con establecemento permanente.
Sen actividade económica (recadro 72)
Tratandose de entidades en atribución de rendas que non realizan unha actividade económica, cubriranse os recadros 72 “Entidade en atribución de rendas constituídas en España sen actividade económica”.
Os membros non residentes en territorio español serán contribuíntes do Imposto sobre a Renda de non Residentes sen establecemento permanente.
Clase de entidade (recadros 71 e 73)
Así mesmo, consignarase a clase de entidade no recadro 71 ou 73, segundo proceda, de entre as seguintes:
LETRA |
CLASE DE ENTIDADE |
---|---|
E |
Herencia Xacente Comunidade de Bens Titularidade Compartida de Explotacións Agrarias Outros Entes sen personalidade xurídica non incluídos expresamente no resto de claves |
H |
Comunidade de Propietarios en Réxime de Propiedade Horizontal |