Páxina 2B. Identificación de persoas xurídicas ou entidades
O apartado B) da páxina 2B utilizarase exclusivamente polas persoas xurídicas e entidades, residentes ou non residentes en territorio español.
Este apartado B) só se cubrirá ao presentar a declaración de alta para solicitar un NIF provisional ou unha declaración de modificación dos datos identificativos (por exemplo, cando cambia a súa razón ou denominación social ou o seu anagrama), domicilio fiscal, domicilio social, domicilio para os efectos de notificacións ou establecementos permanentes.
En caso de modificación hai que marcar tamén os recadros correspondentes da páxina 1.
Os apartados 68 a 79 cubriranse (ver o subapartado sobre personalidade xurídica, forma xurídica e clase de entidade) no momento da alta ou da posterior modificación cando se queira obter o NIF definitivo.
Todo tipo de entidade deberá solicitar inicialmente un NIF, o cal será provisional e converterase en definitivo cando se achegue copia da escritura pública ou documento fidedigno da súa constitución e dos estatutos sociais ou documento equivalente, así como certificación da súa inscrición, cando proceder, nun rexistro público. A solicitude do NIF definitivo realizarase a través dunha declaración censual de modificación marcando o recadro 120. En moitos dos casos de solicitude do NIF definitivo (por exemplo, sociedades mercantís) tamén haberá que marcar o recadro 125 porque se pode modificar algunha dos recadros 68 a 79.
Tamén pode ocorrer que, na declaración de alta inicial, o NIF que se solicite teña carácter definitivo se o interesado achega nese momento o documento fidedigno da súa constitución, caso que pode ocorrer habitualmente coas entidades do artigo 35.4 da LGT, é dicir, as entidades que carecen de personalidade xurídica.
Debe terse en conta que, para a inscrición no censo, as persoas xurídicas e entidades incluirán necesariamente os seguintes datos:
- Número de identificación fiscal
- Razón ou denominación social completa
- Anagrama, se o tivese
- Domicilio fiscal en España
- Domicilio no estado de residencia ou de constitución no estranxeiro, para os non residentes, se é o caso.
- Personalidade xurídica, forma xurídica e clase de entidade.
Unha vez que a persoa xurídica ou entidade figure de alta no censo, non é preciso cubrir estes datos nas sucesivas declaracións censuais que poida presentar, non sendo que se producise algunha modificación nos mesmos .
- Residencia en España de persoa xurídica ou entidade
- Identificación
- Datos de teléfonos e enderezos electrónicos para recibir avisos da AEAT
- Domicilio fiscal en España
- Domicilio no Estado de residencia ou de constitución (non residentes)
- Domicilio para os efectos de notificacións (se é distinto do domicilio fiscal)
- Domicilio social en España (se é distinto do domicilio fiscal)
- Forma xurídica ou clase de entidade
- Establecementos permanentes