Identificación
Ao solicitar un NIF, provisional ou definitivo, o recadro B4 “NIF” quedará sen contido, xa que o que se solicita é un NIF que aínda non se ten.
Encherase o recadro B5 “Razón ou denominación social” ao presentar a declaración de alta coa razón ou denominación social da entidade, que debe vir na escritura pública ou documento fidedigno da súa constitución. Nunha declaración de modificación, a nova razón ou denominación social debe vir expresada en escritura pública ou documento fidedigno, segundo os casos.
No recadro B6 “Anagrama” consignarase, se é o caso, o anagrama, que é un símbolo ou emblema que pode estar constituído por letras.
Se previamente se marcou o recadro B2 (persoa xurídica ou entidade non residente en España) hai que consignar no recadro B7 “NIF outro países” o número de identificación fiscal do país en que ten o seu domicilio fiscal.
Este recadro B7 "NIF outro países/NIF -IVE () responde á información prevista no artigo 4.2.c) do RD 1065/2007" identificación de residentes. Consignarase o NIF -IVE ou, no seu defecto, en NIF asignado noutros países.
Doutra banda, o recadro B90 "Código de identificación fiscal do Estado de residencia/ NIF -IVE (NVAT)" correspóndese co artigo 4.2.d) do RD 1065/2007 identificación de non residentes. Consignarase o NIF-IVE ou, no seu defecto, o código de identificación fiscal do Estado de residencia.
Se non se achega copia da escritura pública ou documento fidedigno de constitución, para asignar un NIF provisional é imprescindible que se achegue polo menos copia dun documento debidamente asinado en que os outorgantes daquel manifesten o seu acordo de vontades para a constitución da persoa xurídica ou entidade de que se trate.
En consecuencia, o recadro B8 “Data acordo vontades” encherase cando a única documentación que existe para solicitar o NIF provisional é este acordo de vontades.
No caso de que ao solicitar o NIF exista escritura pública ou documento fidedigno de constitución, farase constar no recadro B9 “Data constitución” a data do mesmo.
A asignación dun NIF definitivo a unha entidade esixe a xustificación do cumprimento de todos os requisitos constitutivos segundo cada tipo de persoa xurídica ou entidade. Ver no anexo 1 desta guía a documentación que hai que achegar polos diversos tipos de persoas xurídicas e entidades para que se lles poida emitir o NIF definitivo.
Na maioría dos casos un requisito imprescindible (por exemplo, no caso das sociedades mercantís) é a inscrición rexistral. No recadro B10 “Data inscrición rexistral” recóllese a data desta inscrición. Este recadro encherase cando se solicite un NIF definitivo dunha entidade que ten que ser obxecto de inscrición nun rexistro.
Esquema : A título indicativo, a orde en que se adoitan realizar os procesos básicos mencionados antes, para a obtención da escritura rexistrada, son os seguintes:
Proceso 1 | Proceso 2 | Proceso 3 |
---|---|---|
Acordo de vontades | Escritura de constitución | Inscrición rexistral |
Nos recadros B28 e B29 pode consignar o dominio ou enderezo de internet, se dispón do mesmo.