Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Persoa xurídica

Son persoas xurídicas as entidades constituídas cos requisitos que en cada caso establece a normativa. Estas entidades carecen da posibilidade de exercitar dereitos e asumir obrigas ata que adquiren personalidade xurídica. Cando estamos ante unha persoa xurídica hai que especificar a forma xurídica que asume.

Cando se solicite un NIF provisional para aquelas entidades que aínda non teñen personalidade xurídica, é dicir, que están en constitución porque, por exemplo, aínda non se inscribiron nun rexistro, non se marcará nin o recadro 68 nin a 69, senón que se cubrirán os recadros 78 e 79.

Se no momento de presentar esta declaración xa ten personalidade xurídica e é de nacionalidade española, deberá marcar o recadro 68 e indicar no recadro 69 a forma xurídica.

LETRA NIF

FORMA XURÍDICA

A

Sociedade Anónima

Sociedade Anónima constituída para a venda

Sociedade Anónima cotizada de investimento no mercado inmobiliario

Sociedade Anónima de Profesionais

Sociedade Anónima Europea

Sociedade Anónima Laboral

Sociedade Anónima Unipersoal

Sociedade de Investimento de Capital Variable S.A.

B

Sociedade de responsabilidade limitada

Sociedade Limitada constituída para a venda

Sociedade Limitada de Profesionais

Sociedade Limitada Laboral

Sociedade Limitada Nova Empresa

Sociedade Limitada Unipersoal

C

Sociedade Colectiva

D

Sociedade Comanditaria

F

Sociedade Cooperativa

Sociedade Cooperativa Europea

G

Asociación de Consumidores e Usuarios

Asociación LO 1/2002

Federación Deportiva

Fundación

Fundación pública

Organización Empresarial

Outras Asociacións (distintas das anteriores)

Partido Político

Sindicato

J

Sociedades Civis Profesionais

Sociedades Civis CON obxecto mercantil

Sociedades Civis SEN obxecto mercantil

V

Agrupación de Interese Económico

Agrupación Europea de Interese Económico

Sociedade Agraria de Transformación

Q

Axencia Estatal

Cámara Agraria

Entidade Pública Empresarial

Organismo Asimilado a Autónomo da Administración Autonómica ou Local

Organismo Asimilado a Autónomo da Administración Xeral do Estado

Organismo Autónomo da Administración Autonómica ou Local

Organismo Autónomo da Administración Xeral do Estado

Outros Organismos Públicos con personalidade xurídica

R

Congregación ou Institución Relixiosa

Se é persoa xurídica de nacionalidade estranxeira no recadro 69 consignará como forma xurídica algunha das seguintes (letra NIF N):

  • Sociedade Anónima Europea estranxeira
  • Sociedade Cooperativa Europea (SCE) estranxeira
  • Entidade estranxeira con personalidade xurídica
  • Embaixada, Consulado ou Oficina comercial de país estranxeiro en España
  • Outras entidades estranxeiras