Axencias de viaxes [Modelo 036]
O réxime especial das axencias de viaxes será de aplicación (recadro 526 ‘alta ’):
- Ás operacións realizadas polas axencias de viaxes cando actuen en nome propio respecto dos viaxeiros e utilicen na realización da viaxe bens entregados ou servizos prestados por outros empresarios ou profesionais.
Para os efectos deste réxime especial, consideraranse viaxes os servizos de hospedaxe ou transporte prestado conxuntamente ou por separado e, se é o caso, con outros de carácter accesorio ou complementario dos mesmos.
- Ás operacións realizadas polos organizadores de circuítos turísticos e calquera empresario ou profesional en que concorran as circunstancias previstas no número anterior.
O réxime especial das axencias de viaxes non será de aplicación ás operacións levadas a cabo utilizando para a realización da viaxe exclusivamente medios de transporte ou de hostalaría propia.
Tratandose de viaxes realizadas utilizando en parte medios propios e en parte medios alleos, o réxime especial só se aplicará respecto dos servizos prestados mediante medios alleos.