Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Réximes aplicables

Se no recadro 501 marcouse “NON”, hai que cubrir o apartado relativo ao réxime de IVE en que está incluído o suxeito pasivo, ben o xeral ou algún dos especiais de tributación no Imposto sobre o Valor Engadido, aplicable a cada unha das actividades económicas que desenvolva o suxeito pasivo do devandito imposto, identificandoas de acordo coas normas e a clasificación do IAE (tanto se se deron de alta a través da declaración censual coma se se declararon a través dos modelos propios do IAE) ou segundo o código de actividade cando se trate de actividades que non formen parte do feito impoñible do devandito Imposto.

Un mesmo suxeito pasivo podería estar, en función das distintas actividades que realice, en varios réximes a un tempo, debendose marcar nese caso todos eles. Unicamente hai que ter en conta as incompatibilidades derivadas do réxime simplificado.

RÉXIMES APLICABLESREGÍMENES APLICABLES EN IVE

Réxime xeral

Réxime especial da recarga de equivalencia

Réxime especial de bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección

Réxime especial de axencias de viaxes

Réxime especial de agricultura, gandaría e pesca

Réxime especial simplificado

Réxime especial aplicable ás operacións con ouro de investimento

Réxime especial do criterio de caixa

Réximes especiais aplicables aos servizos de telecomunicacións, de radiodifusión ou de televisión e aos prestados por vía electrónica

Réxime especial do grupo de entidades

 

No caso dos réximes especiais aplicables aos servizos de telecomunicacións, de radiodifusión ou de televisión e aos prestados por vía electrónica, a Lei 37/1992 establece que as obrigas formais de declarar o inicio, a modificación ou o cesamento das súas operacións comprendidas neste réxime cumpriranse por vía electrónica. Razón pola que non aparece incluído na declaración censual.

Os grupos de entidades que vaian aplicar o réxime especial ou a modalidade de consolidación dentro do réxime deben comunicaro á AEAT, no mes de decembro anterior ao ano en que se apliquen, a través do modelo 039, conforme ao procedemento regulamentariamente establecido.

  1. Incompatibilidades xeradas polo réxime simplificado (módulos)
  2. Réxime xeral [Modelo 036]
  3. Recarga de equivalencia [Modelo 036]
  4. Bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos colección [Modelo 036]
  5. Axencias de viaxes [Modelo 036]
  6. Agricultura, gandaría e pesca [Modelo 036]
  7. Simplificado [Modelo 036]
  8. Operacións con ouro de investimento [Modelo 036]
  9. Réxime especial do criterio de caixa [Modelo 036]