Bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos colección [Modelo 036]
Trátase dun réxime voluntario e incompatible co réxime simplificado.
O réxime especial de bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección aplicarase exclusivamente aos suxeitos pasivos do IVE que:
- presentasen a declaración censual relativa ao comezo ou modificación das actividades que determinen a súa suxeición ao Imposto.
- sexan revendedores dos devanditos bens.
Con esta finalidade, considérase revendedor de bens ao empresario que realice con carácter habitual entregas de bens, que fosen adquiridos ou importados para a súa posterior revenda.
Tamén ten a condición de revendedor o organizador de vendas en poxa pública dos bens citados no parágrafo anterior, cando actúe en nome propio en virtude dun contrato de comisión de venda.
Este réxime especial aplícase ás entregas dos bens seguintes:
- Bens usados: os bens mobles corporais susceptibles de uso duradeiro que, sendo utilizados con anterioridade por un terceiro, sexan susceptibles de nova utilización para os seus fins específicos.
- Obxectos de arte: Cadros, pinturas, debuxos, gravados, estampas e litografías, esculturas, estatuas, baleirados de esculturas, tapizarías, téxtiles murais, exemplares únicos de cerámica, esmaltes sobre cobre, fotografías. Todos eles deben cumprir determinados requisitos.
- Obxectos de colección: Artigos de filatelia, coleccións e espécimes para coleccións de zooloxía, botánica, mineraloxía ou anatomía, ou que teñan interese histórico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnográfico ou numismático
- Antigüidades: os obxectos que teñan máis de cen anos de antigüidade e non sexan obxectos de arte ou de colección
En ningún caso aplicarase este réxime especial ao ouro de investimento definido no artigo 140 da Lei do IVE.
A determinación da base impoñible das entregas de bens ás que se aplique este réxime especial contempla dúas modalidades :
- Operación por operación
- Margen de beneficio global