Réxime xeral [Modelo 036]
O IVE establece un réxime xeral (recadro 510) fronte aos réximes especiais, de ámbito de aplicación e contido diferente, establecidos en función de características específicas de bens, sectores ou actividades.
O réxime xeral é compatible con todos os réximes especiais, agás co réxime simplificado. Excepcionalmente, pódese estar no réxime xeral e en simplificado o ano natural en que realizando unha actividade en réxime simplificado comece outra que está en réxime xeral ou ben comece unha nova actividade susceptible de estar en réxime simplificado ao que renuncia para esa nova actividade. Non obstante, a realización polo suxeito pasivo doutras actividades en cuxo desenvolvemento efectúe exclusivamente operacións exentas do Imposto por aplicación do artigo 20 da súa Lei reguladora ou arrendamentos de bens inmobles cuxa realización non supoña o desenvolvemento dunha actividade económica de acordo co que se dispón na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas non suporá a exclusión do réxime simplificado. O suxeito estará en réxime xeral por unha actividade cando non estea nalgún dos réximes especiais.
O réxime xeral correspóndese co seguinte esquema:
- Os empresarios ou profesionais polas súas vendas ou prestacións de servizos repercuten as cotas do IVE que correspondan, con obriga de ingresaras no Tesouro: IVE reportado ou repercutido.
- Polas súas adquisicións soportan cotas que, se cumpren unha serie de requisitos, poderanse deducir do IVE repercutido: IVE soportado deducible.
- Deberá realizar declaracións-liquidacións periódicas co resultado de restar do IVE reportado o IVE soportado. Se o resultado é positivo deberá ingresarse no Tesouro e se é negativo, con carácter xeral, compénsase nas declaracións-liquidacións seguintes. Só se ao final do exercicio, na última declaración presentada, o resultado é negativo, pódese optar por solicitar a devolución ou ben compensar o saldo negativo nas liquidacións dos catro anos seguintes.