Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Exclusión do método de estimación obxectiva

Será causa determinante da exclusión do método de estimación obxectiva a concorrencia de calquera das circunstancias establecidas no artigo 32.2 do Regulamento do IRPF (439/2007 do 30 de marzo) ou o superar os límites que se establezan na Orde ministerial que desenvolva o mesmo.

A exclusión producirá efectos desde o inicio do ano inmediato posterior a aquel en que se produza a devandita circunstancia.

Tamén se considerarán causas de exclusión deste método a incompatibilidade prevista no artigo 35 e as reguladas nos apartados 2 e 4 do artigo 36 do citado Regulamento do IRPF.

A exclusión do método de estimación obxectiva suporá a inclusión durante os tres anos seguintes no ámbito de aplicación da modalidade simplificada do método de estimación directa, nos termos previstos no apartado 1 do artigo 28 do citado Regulamento do IRPF.

Exemplo: O consultante viña exercendo a actividade de comercio polo miúdo fóra de establecemento doutras mercadorías, epígrafe 663.9 do IAE, determinando o rendemento neto desta actividade polo método de estimación obxectiva.

En 2009, deu de altase nas actividades de venda maior de aparellos e instrumentos médicos e ortopédicos, epígrafe 619.2 do IAE e de venda maior de produtos farmacéuticos e medicamentos, epígrafe 614.1 do IAE, actividades que non están incluídas no ámbito de aplicación do método de estimación obxectiva.

En 2009, vai determinar o rendemento neto da primeira actividade exercida polo método de estimación obxectiva, mentres que o da segunda e a terceira determinarase polo método de estimación directa.

A finais do 2009, vai darse de baixa nas actividades iniciadas neste ano.

A cuestión exposta refírese a se en 2010 pode aplicar para determinar o rendemento neto da actividade o método de estimación obxectiva.

No artigo 34 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real decreto 439/2007, do 30 de marzo (BOE do 31 de marzo) regúlase a exclusión do método de estimación obxectiva, establecendo:

  1. Será causa determinante da exclusión do método de estimación obxectiva a concorrencia de calquera das circunstancias establecidas no artigo 32.2 deste Regulamento ou o superar os límites que se establezan na Orde ministerial que desenvolva o mesmo.

    A exclusión producirá efectos desde o inicio do ano inmediato posterior a aquel en que se produza a devandita circunstancia.

    1. Tamén se considerarán causas de exclusión deste método a incompatibilidade prevista no artigo 35 e as reguladas nos apartados 2 e 4 do artigo 36 deste Regulamento.
    2. A exclusión do método de estimación obxectiva suporá a inclusión durante os tres anos seguintes no ámbito de aplicación da modalidade simplificada do método de estimación directa, nos termos previstos no apartado 1 do artigo 28 deste Regulamento.”

    De acordo con este precepto, ao contribuínte ao que se lle produza algunha das circunstancias de exclusión do método de estimación obxectiva nun período impositivo, como acontece coa incompatibilidade coa estimación directa, quedará excluído do mesmo o ano inmediato posterior, polo que ao haberse producido esta circunstancia en 2009, quedará excluído do ámbito de aplicación do mesmo en 2010, aínda que a causa de exclusión desapareza ao final do ano 2009.

    Por outra banda, esta exclusión terá un efecto temporal de tres anos, polo que estará excluído do mesmo nos períodos impositivos 2010, 2011 e 2012.

    No período impositivo 2013 poderá aplicar novamente o método de estimación obxectiva se no ano 2012 cumprísense as circunstancias que delimitan o ámbito de aplicación do método.

    (Consulta vinculante DGT V2469-09)