Pola afectación de terreos rústicos a unha explotación agraria e arrendamento rústico
Normativa: Art. 13 ter.Catro Decreto lexislativo 1/2011
- Requisitos para a aplicación da dedución
- Explotación agraria
- Que entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible inclúense terreos rústicos afectos a unha explotación agraria.
- A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. O termo «explotación agraria» será o definido na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias.
- Arrendamento turístico
Tamén terán dereito a esta dedución aqueles contribuíntes que cedan en arrendamento os terreos rústicos s por igual período temporal, de acordo coas condicións establecidas na Lei 49/2003, do 26 de novembro, de arrendamentos rústicos.
- Explotación agraria
- Contía da dedución
O 100 por 100 da parte da cota que proporcionalmente corresponda aos mencionados bens ou dereitos sempre que estean afectos á explotación agraria polo menos durante a metade do ano natural correspondente á devindicación.
- Incompatibilidade
Esta dedución será incompatible coa aplicación para os mesmos bens ou dereitos das exencións do artigo 4 da Lei do Imposto sobre o Patrimonio, aínda que a devandita exención sexa parcial.