Deducións autonómicas
A Comunidade Autónoma de Galicia aprobou as seguintes deducións autonomicas no Imposto sobre o Patrimonio:
- Por creación de novas empresas ou ampliación da actividade de empresas de recente creación
- Por investimento en sociedades de fomento forestal
- Pola afectación a actividades económicas de inmobles en centros históricos
- Pola afectación de terreos rústicos a unha explotación agraria e arrendamento rústico
- Pola participación no capital social de cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra
- Pola participación nos fondos propios de entidades que exploten bens inmobles en centros históricos
- Pola participación nos fondos propios de entidades agrarias