Pola participación nos fondos propios de entidades agrarias
Normativa: Art. 13 ter.Cinco Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
- Requisitos para a aplicación da dedución
- Que entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible inclúense participacións nos fondos propios de entidades cuxo obxecto social sexan actividades agrarias.##1##
- As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de cinco anos seguintes á súa adquisición.
- A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Os termos «explotación agraria» e «actividade agraria» serán os definidos na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias.
- Da mesma dedución gozarán os créditos concedidos ás mesmas entidades na parte do importe que financie as devanditas actividades agrarias.
No caso de créditos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior a cinco anos, sen que se poida amortizar unha cantidade superior ao 20 por 100 anual do importe do principal prestado.
- Contía da dedución
- O 100 por 100 da parte da cota que proporcionalmente corresponda ao valor das participacións.
- O valor das participacións virá determinado, segundo as regras do Imposto sobre o Patrimonio, na parte que corresponda á proporción existente entre os activos necesarios para o exercicio da actividade agraria, rebaixados no importe das débedas derivadas desta , e o valor do patrimonio neto da entidade.
Para determinar a devandita proporción tomarase o valor que se deduza da contabilidade, sempre que esta reflicta fielmente a verdadeira situación patrimonial da sociedade.
- Incompatibilidade
Esta dedución será incompatible coa aplicación para os mesmos bens ou dereitos das exencións do artigo 4 da Lei do Imposto sobre o Patrimonio, aínda que a devandita exención sexa parcial.