Por creación de novas empresas ou ampliación da actividade de empresas de recente creación
Normativa: Art. 13 ter.Un Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
- Requisitos para a aplicación da dedución
Que entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible figure algún ao que se lle aplicaron as deducións na cota íntegra autonómica do IRPF relativo á creación de novas empresas ou ampliación da actividade de empresas de recente creación, ou investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación.
- Contía e límite máximo da dedución
- O 75 por 100 da parte da cota que proporcionalmente corresponda aos mencionados bens ou dereitos.
- O límite máximo de dedución será de 4.000 euros por suxeito pasivo.
- Perda do dereito á dedución practicada
O incumprimento dos requisitos previstos nas deducións do IRPF determinará a perda desta dedución.
- Incompatibilidade
Esta dedución será incompatible cos restantes deducións agás coas deducións "Pola afectación de terreos rústicos a unha explotación agraria e arrendamento rústico" e "Pola afectación a actividades económicas de inmobles en centros históricos".