Novidades de normativa 2023
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 5/2023 do 28 de xuño, polo que se adoptan e prorrogan determinadas medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína, de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade; de transposición de Directivas da Unión Europea
Real Decreto-ley 5/2023, de 28 de junio,por el que se adoptan y prorrogan determinadas medidas de respuesta a las consecuencias económicas y sociales de la Guerra de Ucrania, de apoyo a la reconstrucción de la isla de La Palma y a otras situaciones de vulnerabilidad; de transposición de Directivas de la Unión Europea en materia de modificaciones estructurales de sociedades mercantiles y conciliación de la vida familiar y la vida profesional de los progenitores y los cuidadores; y de ejecución y cumplimiento del Derecho de la Unión Europea.
IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES
Con efectos desde o 30 de xuño de 2023 modifícase polo artigo 190 do RD -Lei 5/2023 a disposición adicional décimo oitava da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, establecendo novos supostos de amortización acelerada:
Os investimentos en novas infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, de potencia normal ou de alta potencia, nos termos definidos no artigo 2 da Directiva 2014/94/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de outubro de 2014, relativa á implantación dunha infraestrutura para os combustibles alternativos, afectas a actividades económicas, e que entren en funcionamento nos períodos impositivos que se inicien nos anos 2023, 2024 e 2025, poderán amortizarse en función do coeficiente que resulte de multiplicar por 2 o coeficiente de amortización lineal máximo previsto nas táboas de amortización oficialmente aprobadas.
Para a aplicación da amortización acelerada regulada no apartado anterior, esixirase o cumprimento dos seguintes requisitos :
-
Achega da documentación técnica preceptiva, segundo as características da instalación, en forma de Proxecto ou Memoria, prevista no Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión, elaborada polo instalador autorizado debidamente rexistrado no Rexistro Integrado Industrial, regulado no título IV da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria, e na súa normativa regulamentaria de desenvolvemento.
-
Obtención do certificado de instalación eléctrica dilixenciado pola Comunidade Autónoma competente.