Residentes noutros Estados da Unión Europea
Coñece as especialidades para obter a devolución se resides nun Estado da Unión Europea distinta de España
Como poden solicitar a inscrición no censo de beneficiarios da devolución os non residentes en España que residan noutros Estados da Unión Europea?
Os beneficiarios non residentes en territorio español con residencia ou establecemento permanente no resto da Unión Europea, poderán solicitar a inscrición no censo de beneficiarios de devolucións de gasóleo profesional e vehículos da súa titularidade, así como comunicar as ulteriores variacións de datos, polo procedemento xeral, a través da sede electrónica da Axencia Tributaria.
Para tramitar a solicitude de inscrición a través da citada sede electrónica deberán dispor dun NIF concedido pola administración tributaria española e un certificado de sinatura electrónica admitido pola Axencia Tributaria, asociado ao NIF español, ou ben solicitaro coa intermediación dun colaborador social.
Alternativamente, poderán solicitar a inscrición mediante a remisión da solicitude de inscrición en soporte papel por correo certificado ao órgano competente.