Imposto sobre os Líquidos para Cigarros Electrónicos e outros Produtos relacionados co Tabaco.
Coñece o imposto que grava os líquidos para cigarros electrónicos, as bolsas de nicotina e outros produtos de nicotina
Devolucións
Ademais dos supostos xerais de devolución regulada no artigo 10 da Lei 38/1992 para todos os Impostos Especiais de Fabricación, neste , recoñécese o dereito á devolución das cotas satisfeitas para o suposto de destrución dos produtos baixo control da Administración Tributaria e no de devolución a fábrica dos mesmos para o seu reciclado.
Tamén terán dereito á devolución quen expidan desde o ámbito territorial interno os produtos obxecto do Imposto con destino ao territorio doutros Estados membros, empregandose o modelo A24 para solicitar a devolución é eses casos
Para os supostos de devolución por exportacións ou por expedición destes produtos con destino a Canarias deberase solicitar mediante a presentación do modelo 590.
En todo caso, o recoñecemento do dereito á devolución estará suxeito ás condicións e o procedemento establecido no Regulamento dos Impostos Especiais.