Modificacións na contabilidade dos impostos especiais de fabricación
No BOE do 31 de decembro de 2024, publicouse a Orde HAC/1505/2024, do 26 de decembro, pola que se modifica a Orde HAC/998/2019, do 23 de setembro, pola que se regula o cumprimento da obriga de leva da contabilidade dos produtos obxecto dos Impostos Especiais de Fabricación, con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2025.
Unha vez implantada de forma xeneralizada desde o 2020 a leva da contabilidade destes produtos a través da Sede electrónica da AEAT, resultaba necesario modificar algúns aspectos deste sistema, introducindo melloras técnicas e normativas e vinculando a subministración dos asentos contables ao exercicio contable en que se realizan as operacións, movementos ou procesos.
Na nova orde establécese modificacións este sistema co obxecto de implantar unha contabilidade por exercicios contables que debe aplicarse a todos os movementos que se realicen nun exercicio concreto (que coincide co ano natural).
por la que se modifica la Orden HAC/998/2019, de 23 de septiembre, por la que se regula el cumplimiento de la obligación de llevanza de la contabilidad de los productos objeto de los Impuestos Especiales de Fabricación.