Saltar ao contido principal
Memoria 2019

4. PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2019

Imaxe principal actuacións 2019A misión fundamental da Axencia Tributaria debe consistir en favorecer o cumprimento voluntario das obrigas fiscais. Para iso desenvolve dúas liñas de actuación: por unha parte, a prevención da fraude mediante a prestación de servizos de información e asistencia ao contribuínte para facilitar e minimizar os custos indirectos asociados ao cumprimento das obrigas tributarias conxuntamente co desenvolvemento doutras actuacións preventivas; e, por outra banda, a detección, regularización e, se é o caso, sanción dos incumprimentos tributarios mediante actuacións de control. Ambas as dúas liñas de actuación definen as áreas básicas da súa estratexia, sobre as que pivotaron as súas principais actuacións en 2019, en consonancia coas actuacións xa desenvoltas en 2018, e que se afianzan no deseño das prioridades estratéxicas do período 2020-2023, nas que se outorgará maior relevancia ao conxunto e tipoloxía de actuacións levadas a cabo pola Axencia Tributaria, sen atender exclusivamente aos resultados obtidos nas mesmas. Esas prioridades recolléronse no documento do Plan Estratéxico da Axencia Tributaria 2020-2023, elaborado ao longo de 2019 e aprobado en xaneiro de 2020.

  1. 4.1. Prevención da fraude tributario e aduaneiro. Asistencia ao contribuínte
  2. 4.2. Control da fraude tributaria e aduaneira
  3. 4.3. Fomento da prestación de servizos por medios electrónicos
  4. 4.4. Intercambio e cesión de información. Colaboración con outras administracións
  5. 4.5. Servizo de Auditoría Interna
  6. 4.6. Relacións internacionais