Preguntas frecuentes
Preguntas frecuentes sobre as solicitudes de devolución para mutualistas
Devolucións IRPF 2023
Non. A modificación normativa non afecta á aplicación da DT2 no IRPF 2023.
Polo tanto, estas solicitudes en IRPF 2023, a maioría das que xa están tramitadas e con devolución realizada, continuaranse tramitando pola Axencia Tributaria sen que cumpra que se presente ningún documento adicional para instar de novo a súa solicitude, non sendo que se lle requira.
Para Renda 2023, se a AEAT dispón de toda a información, a redución xa aparecerá nos datos fiscais co concepto (“Axuste por Mutualidades - DT2 LIRPF”), e o axuste aplicarase automaticamente na declaración.
Este cálculo tamén se realizará para os contribuíntes que xa recibiron resolución estimatoria de solicitudes de rectificación de exercicios anteriores.
Para aqueles casos en que a AEAT non conte con información suficiente, non poderá ofrecer o cálculo nos datos fiscais. Nestes casos, informarase os contribuíntes que realizasen achegas a mutualidades, que revisen se teñen dereito a aplicarse a Disposición transitoria segunda da Lei do IRPF para os efectos de calcular o importe da redución da pensión que podería resultarlles aplicable.