Contribuíntes falecidos
Se es sucesor da persoa falecida informámosche sobre aspectos relacionados coa súa declaración
Formas de tributación
Como regra xeral, no suposto de falecemento dun dos integrantes dunha unidade familiar, os restantes membros da mesma poderán optar pola tributación individual ou conxunta, sen incluír as rendas do falecido.
A declaración do falecido deberá presentarse en modalidade individual.
Non obstante, como excepción, se o falecemento se produciu o 31 de decembro, todos os membros da unidade familiar, incluída a persoa falecida, poderán presentar declaración conxunta.