Contribuíntes falecidos
Se es sucesor da persoa falecida informámosche sobre aspectos relacionados coa súa declaración
Que sistemas de identificación poden utilizar os herdeiros para tramitar a declaración
Os herdeiros non poderán utilizar o certificado electrónico nin a Cl@ve PIN da persoa falecida, xa que ambos os dous quedan inhabilitados co falecemento.
Os herdeiros, cos mesmos datos que se esixen aos demais contribuíntes, poderán obter o número de referencia do causante:
-
Se o falecido presentou declaración de renda no exercicio anterior ao falecemento, sen prexuízo de que o recadro solicitado (505 de IRPF 2022 para a declaración de 2023) conste na declaración de cada exercicio, os herdeiros poden solicitar o importe da mesma nas nosas oficinas.
A cita concertarase a nome do falecido.
Para acredita a condición de herdeiro deberás achegar:
-
Testamento, escritura de adxudicación de herdanza ou calquera documento que xustifique fidedignamente a condición de herdeiro.
-
Fotocopia do NIF / NIE do herdeiro.
-
-
Se o falecido non presentou declaración de IRPF no exercicio anterior ao falecemento solicitarase o IBAN dunha conta bancaria da súa titularidade.
-
Se non podes obter por ningunha das vías anteriores o número de referencia, a opción última é o apoderamento de sucesores.