Novidades de normativa 2024
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 9/2024, do 23 de decembro, polo que se adoptan medidas urxentes en materia económica, tributaria, de transporte, e de Seguridade Social, e prorróganse determinadas medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social
IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO
- Réximes simplificados e da agricultura, gandaría e pesca
- Os prazos para a renuncia e a revogación serán desde o 25 de decembro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025.
As renuncias e revogacións presentadas para o ano 2025 durante o mes de decembro de 2024 con anterioridade ao inicio do prazo anterior, entenderanse presentadas en período hábil. Non obstante, os suxeitos pasivos poderán modificar a súa opción no prazo previsto anterior do 25 de decembro de 2024 ao 31 de xaneiro de 2025.
- Límites para a aplicación de ambos os dous réximes nos exercicios 2016 a 2025.
Para os exercicios 2016 a 2025, ambos os dous incluídos, a magnitude de 150.000 euros a que se refire o primeiro guion do número 2.º e o número 3.º do apartado dous do artigo 122, e o número 6.º do apartado dous do artigo 124 da Lei 37/1992 do IVE, queda fixada en 250.000 euros.
- Gasolinas, gasóleos e biocarburantes: condición de operador confiable
Por razóns de maior eficiencia na aplicación das previsións da Lei 7/2024, do 20 de decembro, respecto do fraude dos hidrocarburos, no ámbito do Imposto sobre o Valor Engadido e no relativo aos depósitos fiscais inclúese expresamente, por razóns de seguridade xurídica, o epígrafe 1.4, da tarifa 1.ª do artigo 50.1, da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de Impostos Especiais de xeito que non caiban dúbidas acerca da inclusión do gasóleo bonificado no novo sistema de xestión das extraccións de depósito fiscal, e rebaíxase a 550 millóns o volume de extraccións necesario para atribuír a cualificación de operador confiable, de maneira que se compaxine o control destas operacións coa mínima carga administrativa para os operadores afectados.
Real Decreto-ley 9/2024, de 23 de diciembre,por el que se adoptan medidas urgentes en materia económica, tributaria, de transporte, y de Seguridad Social, y se prorrogan determinadas medidas para hacer frente a situaciones de vulnerabilidad social.