Novidades de normativa 2024
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas pola Orde HAC/1347/2024, do 28 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2025 o método de estimación obxectiva do imposto sobre a renda das persoas físicas e o réxime especial simplificado do imposto sobre o valor engadido
IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO
Para o exercicio 2024
1ª) Cálculo da cota en 2024 (Disposición adicional cuarta. Modificación orde de módulos de 2024).
- Novos índices de cota reportada
Desde 1 de xaneiro ata 30 de xuño de 2024, prorrogouse a aplicación do tipo do IVE do 0 por cento que recae sobre determinados produtos básicos de alimentación (entre outros, leite, ovos, queixos, froitas, verduras, hortalizas, legumes, tubérculos e cereais), así como a aplicación do tipo do 5 por cento ás entregas de aceites de oliva e de semente.
Posteriormente prorrogouse a aplicación do tipo do 0 por cento ata o 30 de setembro de 2024 aos produtos básicos de alimentación, incluíndo aos aceites de oliva e prorrogando a aplicación do tipo do 5 por cento ás entregas de aceites de sementes; establecendo, ademais, a aplicación do tipo do 2 por cento desde o 1 de outubro ata o 31 de decembro de 2024, para as operacións relativas aos devanditos bens, con excepción dos aceites de sementes aos que sería de aplicación o tipo reducido do 7,5 por cento durante o devandito período.
Para os efectos de ter en conta estas circunstancias no cálculo da cota anual reportada do ano 2024 nesas actividades, os módulos para os efectos do réxime especial simplificado serán os seguintes:
- Actividade: gandeira de explotación intensiva de avicultura de ovos e, gañado ovino, cabrún e bovino de leite.
Índice de cota reportada por operacións correntes: 0,00 (desde o 1 de xaneiro de 2024 ata 30 de setembro de 2024) e 0,02 (desde o 1 de outubro de 2024 ata 31 de decembro de 2024).
- Actividade: aproveitamentos que correspondan ao cedente nas actividades agrícolas, desenvolvidas en réxime de parzaría, dedicadas á obtención de produtos agrícolas non comprendidas nos apartados seguintes.
Índice de cota reportada por operacións correntes: 0,00 (desde o 1 de xaneiro de 2024 ata 30 de setembro de 2024) e 0,02 (desde o 1 de outubro de 2024 ata 31 de decembro de 2024).
- Actividade: procesos de transformación, elaboración ou manufactura de produtos naturais para a obtención de queixo.
Índice de cota reportada por operacións correntes: 0,03102.
- Actividade: procesos de transformación, elaboración ou manufactura de produtos naturais para a obtención de aceites de oliva e aceites de sementes.
Índice de cota reportada por operacións correntes: 0,14104.
Debe destacarse que se engadiu unha nova actividade, para os aceites de oliva e os aceites de sementes, segregandoa da actividade de procesos de transformación, elaboración ou manufactura de produtos naturais para a obtención doutros produtos distintos aos anteriores, en que estaba incluída.
- Cota anual derivada de 2024
Os titulares das actividades citadas ao finalizar o ano ou ao producirse o cesamento da actividade, deberán calcular a cota anual derivada do réxime simplificado, tendo en conta, se é o caso, o volume total de ingresos de 2024, excluídas subvencións correntes ou de capital, as indemnizacións, así como o IVE e, se é o caso, a recarga de equivalencia que grave a operación, utilizando para ese fin os módulos anteriormente indicados.
2ª) Incorporación da redución pola DANA para 2024 da cota reportada por operacións correntes
No apartado 2 da disposición adicional quinta da Orde establécese que, os suxeitos pasivos que desenvolvan actividades empresariais ou profesionais nos termos municipais afectados pola DANA e estean acollidos ao réxime simplificado, poderán reducir nun 25 por cento o importe das cotas reportadas por operacións correntes correspondente a tales actividades no ano 2024.
Esta redución tera en contase para o cálculo da cota anual do réxime especial simplificado correspondente ao ano 2024.
Para o exercicio 2025
1ª) Exclusión da compensación
Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2025, a compensación do réxime especial da agricultura, gandaría e pesca, deixa de terse en conta para o cómputo do volume de ingresos da actividade, aos efectos de quedar ou non excluído do réxime simplificado. Polo tanto, tendo en conta que o devandito volume está referido ao exercicio anterior, no cómputo dos ingresos do ano 2024 non se inclúe a compensación percibida. (Artigo 3)
2ª) Aceite de oliva
Desde o 1 de xaneiro de 2025 e con carácter permanente, o aceite de oliva tributa ao tipo reducido do 4 por cento, ao estar incluído entre os produtos de primeira necesidade. En consecuencia, créase unha nova actividade cun índice específico de cota reportada por operacións correntes, que teña en conta a redución no tipo.
- Actividade: Procesos de transformación, elaboración ou manufactura de produtos naturais para a obtención de aceites de oliva.
Índice de cota reportada por operacións correntes: 0,16406.
Orden HAC/1347/2024, de 28 de noviembre,por la que se desarrollan para el año 2025 el método de estimación objetiva del impuesto sobre la renta de las personas físicas y el régimen especial simplificado del impuesto sobre el valor añadido.