Como realizar unha copia de seguridade do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónMacintosh - Copia do certificado no google Chrome
Se o sistema operativo é Macintosh e o navegador Google Chrome, o certificado electrónico debe estar instalado no "Acceso a Chaveiros" de Mac . para realizar unha copia de seguridade do certificado, segue estas indicacións.
Accede a "Finder", "Aplicacións", "Utilidades", "Acceso a Chaveiros".
No apartado "Os meus certificados" de "Inicio de sesión", aparecerá o certificado. Para realizar a copia selecciona o certificado e fai clic en "Arquivo", "Exportar elementos" ou "Exportar ítems", segundo a versión.
Introduce un nome e unha situación. En "Formato de arquivos" debe mostrarse a opción "Intercambio de información persoal (.p12)". Fai click en "Gardar".
É posible que apareza unha xanela solicitándo que estableza un contrasinal para protexer a copia. Introduce e confirma un contrasinal e pulsa "Aceptar".
O ficheiro obtido terá a extensión.p12.
Se non se pode exportar o certificado ou non funciona correctamente terás que volver obter un certificado electrónico.