Como realizar unha copia de seguridade do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónWindows - Copia do certificado no Mozilla Firefox
Para realizar a copia dun certificado no Mozilla Firefox accede ao menú "Ferramentas", ou á icona de tres raias horizontais, "Axustes", "Privacidade e seguridade", "Seguridade", "Certificados". Fai click sobre o botón "Ver certificados".
Na pestana "Os seus certificados", que é onde se almacenan os certificados válidos para efectuar unha sinatura, selecciona o certificado e pulsa o botón "Facer copia...".
Selecciona onde queres gardar a copia e establece un nome para o arquivo. Fai click no botón "Gardar".
A continuación solicitarase que introduzas (e confirmes) o contrasinal de apoio para facer uso desta copia.
Se hai un contrasinal mestra establecida terás que introducira para poder seguir coa copia do certificado. Se non aparece ningún mensaxe sobre o contrasinal mestra segue adiante.
Comproba que a copia se efectuou correctamente accedendo á carpeta ou situación seleccionada para gardara. A icona é un sobre cun diploma asomando, unha chave enriba e a extensión.p12.
Se nalgún momento necesitas reinstalar (importar) o certificado e non dispós dunha copia válida deberás solicitar un novo certificado.