Como realizar unha copia de seguridade do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónMacintosh - Copia do certificado en Safari
Se o sistema operativo é Macintosh e o navegador Safari, o certificado electrónico debe estar instalado no "Acceso a Chaveiros" de Mac . Para realizar unha copia de seguridade do certificado segue estas indicacións.
Accede a "Finder", "Aplicacións", "Utilidades", "Acceso a Chaveiros".
No apartado "Os meus certificados" de "Inicio de sesión", aparecerá o certificado. Para realizar a copia selecciona o certificado e fai clic en "Arquivo", "Exportar elementos" ou "Exportar ítems", segundo a versión.
Introduce un nome e unha situación. En "Formato de arquivos" debe mostrarse a opción "Intercambio de información persoal (.p12)". Fai click en "Gardar".
Introduce e confirma un contrasinal para protexer a copia. Despois pulsa "Aceptar".
O ficheiro obtido terá a extensión.p12.
Se non podes exportar o certificado ou non funciona correctamente terás que volver obter un certificado electrónico.