Adiamento e fraccionamento de débedas
Saltar índice da informaciónComo imprimir a contestación ao requirimento
Permítese o acceso con certificado, DNI electrónico, eIDAS ou Cl@ve ou sen identificación.
Se se accede con certificado/DNI electrónico ou Cl@ve só cumprirá cubrir o campo NIF do obrigado e pulsar "Buscar", aparecerán todas contestacións de requirimento de datos presentados por Internet. Non obstante, se se cobre o campo "Nº Requirimento" aparecerá a contestación ao requirimento correspondente.
Se se accede "Sen identificación" deberase cubrir o NIF do obrigado ao pagamento, o Nº de Requirimento e o Nº de Certificado. Se existen dúbidas, no interrogante que figura ao lado de cada campo ofrécese unha breve información.
Ao pulsar "Buscar" aparecerá a contestación ao requirimento presentado por Internet; tén quese pulsar "Ver PDF" da columna "IMPRIMIR".
Cubrindo o campo "Código Seguro de Verificación" e pulsando "Aceptar" podes obter o PDF da contestación.