Dedución por maternidade e incremento por gastos de gardaría
Coñece as novidades relativas á dedución por maternidade tras a súa modificación desde o 1 de xaneiro de 2023, así como as relativas ao incremento por gastos de gardarías tras a Sentenza do Tribunal Supremo do 8 de xaneiro de 2024.
Formalización en Renda Web da dedución por maternidade
Con carácter xeral, o importe da dedución aparecerá cumprimentado cando se acceda a Renda WEB para confeccionar a declaración.
Poderase verificar este extremo facilmente desde o Resumo de resultados ao que chegaremos, directamente ou tras incorporar determinados datos fiscais, ao acceder a Renda WEB.
No caso de que ao acceder ao resumo a dedución non apareza cumprimentada, para a súa formalización, accederemos desde o Resumo de resultados aos apartados da declaración:
Nestes apartados seleccionaremos dentro do apartado “Deducións familiares (maternidade, discapacidade e familia numerosa)” o subapartado “Por maternidade. Exercicio 2023”
E indicaremos tanto o momento desde o que se cumpren os requisitos da dedución, como, se é o caso, os importes que percibísemos anticipadamente cada mes.