Modificación dunha declaración de Renda 2024 xa presentada
Coñece como podes modificar unha declaración de Renda xa presentada
Introdución
A través da opción de modificar a declaración poderase tanto presentar unha autoliquidación rectificativa como cambiar a opción de tributación elixida.
Unha vez presentada a declaración, ao acceder de novo a Renda Web detectarase esta situación, polo que para modificara haberá que pulsar sobre “Modificar declaración presentada ”:
No resumo de declaracións visualizarase o resultado da declaración inicialmente presentada.
Para rectificar, completar ou modificar as autoliquidacións presentadas de IRPF 2024, unha vez realizadas as modificacións necesarias no apartado de Renda Web "Modificar declaración Renda 2024 xa presentada" seleccionarase a opción de autoliquidación rectificativa.
Para cambiar a opción de tributación no apartado de Renda Web "Modificar declaración Renda 2024 xa presentada" seleccionarase cambiar de opción.