Novidades de normativa 2022
Saltar índice da informaciónReal Decreto-lei 17/2022, do 20 de setembro polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da enerxía, na aplicación do réxime retributivo ás instalacións de coxeración e redúcese temporalmente o tipo do Imposto sobre o Valor Engadido aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de determinados combustibles
Real Decreto-ley 17/2022, de 20 de septiembre,por el que se adoptan medidas urgentes en el ámbito de la energía, en la aplicación del régimen retributivo a las instalaciones de cogeneración y se reduce temporalmente el tipo del Impuesto sobre el Valor Añadido aplicable a las entregas, importaciones y adquisiciones intracomunitarias de determinados combustibles.
O Real Decreto-lei 17/2022, do 20 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da enerxía, na aplicación do réxime retributivo ás instalacións de coxeración e redúcese temporalmente o tipo do Imposto sobre o Valor Engadido aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de determinados combustibles (BOE 21 de setembro), con efectos desde o 1 de outubro de 2022 e vixencia ata o 31 de decembro de 2022, establece unha redución, desde o 21 ao 5 %, no tipo impositivo do IVE que recae sobre:
-
As entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de gas, para dar resposta á situación xerada polo incremento dos prezos do gas natural (art. 5 RD -Lei 17/2022).
-
As entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de briquetas e pellets procedentes da biomasa e á madeira para leña, para favorecer o desenvolvemento e a utilización de combustibles menos contaminantes en sistemas de calefacción e fomentar a suficiencia enerxética, (art. 6 RD -Lei 17/2022).