Novidades de normativa 2022
Saltar índice da informaciónRegulamento de Execución (UE) 2022/1504 da Comisión do 6 de abril de 2022 polo que se establecen normas detalladas para a aplicación do Regulamento (UE) nº 904/2010 do Consello no que fai á creación dun sistema electrónico central de información sobre pagamentos (CESOP) co fin de loitar contra a fraude no IVE
Reglamento de Ejecución (UE) 2022/1504 de la Comisión de 6 de abril de 2022por el que se establecen normas detalladas para la aplicación del Reglamento (UE) nº 904/2010 del Consejo en lo que respecta a la creación de un sistema electrónico central de información sobre pagos (CESOP) con el fin de luchar contra el fraude en el IVA.
Con data 12 de setembro de 2022 publícase no DOUE este Regulamento de Execución (UE ) 2022/1504 da Comisión do 6 de abril de 2022, polo que se establecen normas detalladas para a aplicación do Regulamento (UE) nº 904/2010 do Consello no que fai á creación dun sistema electrónico central de información sobre pagamentos (CESOP), con entrada en vigor aos vinte días da súa publicación e aplicable a partir do 1 de xaneiro de 2024. Desde ese momento, os provedores de servizos de pagamento que estean establecidos na Unión Europea ou ofrezan servizos de pagamento nela deberán manter determinados rexistros de pagamentos transfronteirizos procedentes de pagadores dos Estados membros e determinada información sobre os beneficiarios, e transmitir eses rexistros aos Estados membros en prol de da loita contra a fraude no imposto sobre o valor engadido (IVE).
Este Regulamento aproba as medidas técnicas para o establecemento e mantemento do CESOP e determina cales son as tarefas da Comisión en relación coa xestión técnica do mesmo e as súas responsabilidades, ademais das dos Estados membros.
Establece tamén o formato común conforme ao que os Estados membros deberán enviar os datos ao CESOP, as disposicións prácticas relativas aos funcionarios de ligazón de Eurofisc que terán acceso ao CESOP e os procedementos para as medidas de seguridade técnica e organizativa relacionadas co desenvolvemento e o funcionamento do mesmo.